Sunday 05 de May de 2024

O Concello de Boqueixón ofrece un servizo de conciliación gratuíto ata o inicio das Tardes educativas e de lecer


Prestarase a rapazada de infantil e primaria ata o 29 de setembro, de 15:30 a 17:30 horas, no CPI Antonio Orza Couto

O Concello de Boqueixón ofrece ata o 29 de setembro un servizo de conciliación gratuíto para crianzas de infantil e primaria. Unha iniciativa que se desenvolverá no CPI Antonio Orza Couto de luns a venres, en horario de 15:30 a 17:30 horas.

O Concello de Boqueixón apostou por poñer en marcha este servizo para ofrecerlles ás familias do municipio unha alternativa de conciliación ata a posta en marcha das Tardes educativas e de lecer. Unha iniciativa dirixida a un máximo de 15 nenos e nenas, cuxas familias deberán anotarse previamente correo cultura@boqueixon.com.

Así, do 14 ao 29 de setembro, os nenos e nenas que se apunten ao denominado “Proxecto Henko” participarán nunha serie de actividades lúdicas nas que traballarán valores como a tolerancia ou a sensibilización en materia de igualdade. Unha iniciativa organizada polo Concello de Boqueixón, en colaboración co Ministerio de Igualdad e ao abeiro do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.